lunes, 16 de marzo de 2020

BENVIDOS A TOD@S!!!

Bos días a tod@s, Como xa sabedes, os vindeiros 15 días non haberá clase presencial na escola, pero se teredes opción de seguir coa vosa actividade académica a través doutras canles como : correo electrónico e este blogue.
Como moit@s diciades a semana pasada, isto non ían ser unhas vacacións e seguramente as teriamos que recuperar dalgunha maneira.
A través deste blogue imos ofrecer unha planificación diaria das actividades nas distintas áreas por aula. A intención é facilitarvos unha rutina diaria de estudo para que non vos descolguedes durante estas dúas semanas.

O soporte co que contades todos neste momento é o libro, así que traballaremos con el, e facilitarémosvos outra información que consideremos importante.
Se tedes as libretas, traballade como de costume na clase, se non é asi, traballade co que teñades dispoñible e gardádeo todo ben.
Sabemos que require un esforzo moi grande pola vosa banda, pero confiamos en que poderedes facelo.
Calquera dúbida que teñades comunicárnola por favor. Trataremos de resolver as dificultades de cada un de vós canto antes. Podedes contactar connosco a través das seguintes direccións de correo electrónico: 6ºA: m.pastoraprado@edu.xunta.es
6ºB: teacherlucia@gmx.es
6ºC: jesicaportonovo@gmail.com Á fin e ao cabo a todos vai vir ben manter algunha rutina, sobre todo agora que temos que pasar máis tempo en casa.
COMEZAMOS?

2 comentarios: