POIS SÍ...XA É VENRES! NORABOA!ESTA SEMANA FOI RODADA!
A PROPOSTA DE TRABALLO PARA HOXE É A MESMA PARA OS TRES GRUPOS:
ESCRITURA CREATIVA EN LINGUA GALEGA.
PAUTAS:
BOA PRESENTACIÓN
PORTADA
DÚAS CARILLAS
EN BOLÍGRAFO OU A ORDENADOR.
LEMBRADE:
- A MELLOR FORMA DE COMENZAR A ESCRIBIR É FACENDO UN BORRADOR, É DICIR, ANOTANDO IDEAS SOLTAS SOBRE O TEMA DO QUE IMOS FALAR.
- UNHA VEZ QUE COMEZO A ESCRIBIR TEÑO QUE TER CLARO QUE AS HISTORIAS TEÑEN TRES PARTES: COMEZO, NÓ E DESENLACE, E UNS/UNHAS PERSONAXES.
- UTILIZADE ESTRUCTURAS COHERENTES QUE MANTEÑAN A CONCORDANCIA ENTRE O SUXEITO E O PREDICADO.
- AS ORACIÓNS DEBEN TER SIGNOS DE PUNTUACIÓN: COMAS, PUNTOS E COMAS, PUNTOS E A PARTE...
- INTENTADE NON REPETIR PALABRAS OU IDEAS.
- REVISADE O TEXTO CANDO TERMINEDES E COMPROBADE QUE ESTÁN TODAS AS PALABRAS QUE TIÑADES NA VOSA MENTE.
- CANDO O TEÑADES LISTO ENVIÁDENOLO AO CORREO DE CADA PROFE.
A TEMÁTICA É LIBRE, PODEDES FACER A VOSA HISTORIA SOBRE O QUE QUEIRADES, VOS PREOCUPE, SITUACIÓN ACTUAL...SE NON SE VOS OCURREN IDEAS PODEDES RECURRIR A ALGUÉN QUE VOS DIGA 5 PALABRAS E SOBRE ELAS CONSTRUÍR A HISTORIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario