jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES, 27 DE MARZO DO 2020

BOS DÍAS A TOD@S!!!



POIS SÍ...XA É VENRES! NORABOA!ESTA SEMANA FOI RODADA!


A PROPOSTA DE TRABALLO PARA HOXE É A MESMA PARA OS TRES GRUPOS:

ESCRITURA CREATIVA EN LINGUA GALEGA.

PAUTAS: 

BOA PRESENTACIÓN
PORTADA
 DÚAS CARILLAS
EN BOLÍGRAFO OU A ORDENADOR. 



LEMBRADE:
  •  A MELLOR FORMA DE COMENZAR A ESCRIBIR É FACENDO UN BORRADOR, É DICIR, ANOTANDO IDEAS SOLTAS SOBRE O TEMA DO QUE IMOS FALAR. 
  • UNHA VEZ QUE COMEZO A ESCRIBIR TEÑO QUE TER CLARO QUE AS HISTORIAS TEÑEN TRES PARTES: COMEZO, NÓ E DESENLACE, E UNS/UNHAS PERSONAXES.
  • UTILIZADE ESTRUCTURAS COHERENTES QUE MANTEÑAN A CONCORDANCIA ENTRE O SUXEITO E O PREDICADO. 
  • AS ORACIÓNS DEBEN TER SIGNOS DE PUNTUACIÓN: COMAS, PUNTOS E COMAS, PUNTOS E A PARTE...
  • INTENTADE NON REPETIR PALABRAS OU IDEAS.
  • REVISADE O TEXTO CANDO TERMINEDES E COMPROBADE QUE ESTÁN TODAS AS PALABRAS QUE TIÑADES NA VOSA MENTE.
  • CANDO O TEÑADES LISTO ENVIÁDENOLO AO CORREO DE CADA PROFE.

A TEMÁTICA É LIBRE, PODEDES FACER A VOSA HISTORIA SOBRE O QUE QUEIRADES, VOS PREOCUPE, SITUACIÓN ACTUAL...SE NON SE VOS OCURREN IDEAS PODEDES RECURRIR A ALGUÉN QUE VOS DIGA 5 PALABRAS E SOBRE ELAS CONSTRUÍR A HISTORIA.




No hay comentarios:

Publicar un comentario