jueves, 21 de mayo de 2020

VENRES,22 DE MAIO DO 2020


BOS DÍAS COMPAÑEIR@S!!!


Día Internacional de la Diversidad Biológica 2019 – Aulaga ...


Día Internacional da Diversidade Biolóxica, 22 de maio O Convenio sobre a Diversidade Biolóxica é o instrumento internacional para «a conservación da diversidade biolóxica, a utilización sostible dos seus compoñentes e a participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización dos recursos xenéticos», que foi ratificado por 196 países.3​ Dada a importancia da educación e a conciencia públicas para a aplicación do Convenio a todos os niveis, a Asemblea Xeral proclamou o 22 de maio, data da aprobación do texto, Día Internacional da Diversidade Biolóxica, mediante a resolución 55/201, no 2000.


A TAREFA DE HOXE É A SEGUINTE:

1º. VER OS VÍDEOS QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN.


2º. RECOLLER EN 10 ORACIÓNS,10 IDEAS DIFERENTES QUE SE TRATAN NOS VÍDEOS. (ORACIÓN= conxunto de palabras ordenadas con sentido completo, cuxo núcleo é un verbo, que pretende transmitir unha información),

3º. PENSAR 5 CAMBIOS QUE SE PODEN LEVAR A CABO PARA O COIDADO DA BIODIVERSIDADE E RECOLLELOS DE FORMA CLARA E ORDENADA NESAS 5 ORACIÓNS.

NOTA: A TAREFA FARASE EN LINGUA GALEGA, PODEDES UTILIZAR A LIBRETA. NA PRÓXIMA CONEXIÓN A CORRIXIMOS.

ÁNIMO!!! OUTRA SEMANA QUE REMATA !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario